xoves, 25 de febreiro de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Como vos adiantabamos no post de onte, hoxe celebramos un día especial na escola, o "Día de Rosalía de Castro"
Elexiuse o día 24 de febreiro por ser ese o día en que ela naceu aló polo ano 1837, se queredes saber máis sobre a súa vida, que é moi interesante, non tedes máis que ir ao link da Fundación Rosalía de Castro .

No centro decidimos que cada grupo lera unhas estrofas de obras de Rosalía á volta do recreo, aquí vos deixamos unha mostra:


Alumnado de 3 anos:

"VENTE RAPASA" ( Introdución)





Alumnado de 4 e 5 anos:

"PAXARIÑOS"






Alumnado de 1º :

"PASENIÑO"



Alumnado de 2º :

"VENTE RAPASA"







Alumnado de 3º e 4º :

"HAS DE CANTAR"







Alumnado de 5º :

"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"








Alumnado de 6º :

"NO BICO UN CANTAR"










Os nenos e nenas de Infantil ademais, encheron de cor un dos recunchos da escola cos seus retratos pintados de Rosalía:

"SOMOS ARTISTAS"





martes, 23 de febreiro de 2016

24 de febreiro - DÍA DE ROSALÍA

Mañá é o Día de Rosalía.
Hai 179 anos naceu Rosalía de Castro e na escola ímolo celebrar como merece, pero mentras tanto imos disfrutar coa voz de Uxía nesta peza do disco Rosalía pequeniña da edit. Galaxia.




luns, 15 de febreiro de 2016

14 DE FEBREIRO - DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Como ben sabedes, este domingo 14, conmemorouse o " Día do Amor e a Amizade".
No centro ocurríusenos deixar un recuncho para que os nenos e as nenas deixasen escritas unhas palabras agarimosas ás persoas que máis admiran escritas nun corazón.







Acompañaron a estas frases exemplos de obras escritas por escritores galegos, das que vos deixamos a mostra.




Dúas alumnas de 5º prestáronse voluntarias para traer obras de Rosalía de Castro por estar preto a conmemoración do seu nacemento ( 24 de febreiro )


Andea Pereira. Grazas pola aportación!

María Mira. Grazas pola aportación!


Feliz día do amor e da amizade a todos e todas!

mércores, 25 de novembro de 2015

25 de novembro- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe celébrase de forma internacional o día contra a violencia de xénero e nós non somos menos.

Na escola pensamos que é moi importante educar ao alumnado para evitar, xa dende pequenos, comportamentos que atenten contra a igualdade entre xéneros adquirida.
Aproveitamos tamén para defender o respeto entre iguais, xa que, aínda que a porcentaxe de violencia do xénero masculino cara ó feminino é maior, tamén se dan casos de maltrato feminino cara ó xénero masculino , e como non, de maltrato en xeral, tanto verbal como físico.

Para tratar o tema, proxectouse na biblioteca do centro o contacontos "Arturo e Clementina", que fala da experiencia que vive a tartaruga Clementina coa súa parella Arturo e como ,finalmente ,cambia seu destino abrumada pola situación que está a vivir xunto a el.

Aquí vos deixamos o enlace para que o vexades:


Unha vez rematado o contacontos, cada grupo se dirixiu a cadansúa aula para traballar cos mestres e mestras sobre o contacontos e sobre a violencia de xénero .

Como mostra quedan dous debuxos feitos por alumnos de Educ. Infantil, un deles fiel ao conto e o outro representación da súa visión particular sobre o tema.




Entregamos, ademais, un folleto informativo da "Área de Igualdade do Concello de Malpica" e unha chapa  que nos fixeron chegar dende o Concello.



Asemade, o noso centro participou no Lipdub creado polo Concello de Malpica contra a violencia de xénero
Esperamos sexa do voso agrado e que creemos conciencia.



mércores, 7 de outubro de 2015

PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE "XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE " NA CORUÑA!

Benvidos outro curso máis ao blogue de Dinamización da Lingua Galega " Dálle á Lingua".

Comprácenos redactar o primeiro post do blogue para comunicarvos que o mestre Javi, que traballou con nós o curso pasado como mestre de Educ. Artística presenta na Coruña o seu  novo disco o venres 16 de outubro no teatro Rosalía de Castro ás 20.30.

Deixámosvos o enlace á páxina de venda de entradas por si vos animades a acompañalo nun momento tan importante para el



Humildes e poderosos a un tempo ... Adufes e pandeiretas, perfectos aliados da copla "Gala do xardín encantado da lírica galega" como dicía Cabanillas.
O novo traballo de Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantantes de música popular preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo ...
Acompañados por Gutier Álvarez (zanfona e violino) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), un novo proxecto preparado para invadir con muiñeiras e pasodobles os teatros e festivais de calquera océano!



sábado, 13 de xuño de 2015

O San Xoán achégase!

Na páx. web da escola atoparedes unha entrada adicada ao San Xoán, na que nos deixa Andrea un enlace a un xogo moi divertido.

venres, 5 de xuño de 2015

INTERCAMBIO SOCIOLINGÜÍSTICO CO CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA - ACTIVIDADE PARA O ALUMNADO " MINIQUEST "

Durante un par de anos tiven a sorte de  formar parte do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora  como mestra  e como nai de alumna , e foi unha experiencia realmente gratificante , tanto que aínda estamos en contacto e decidimos elaborar xuntos un proxecto de Dinamización Lingüística.
Este proxecto consiste nun intercambio sociolingüístico e cultural para que os nosos alumnos/as coñezan as características que nos diferencian pola zona onde nos atopamos cada un, e por suposto , outros pobos galegos

CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA

Tras falar de cómo conseguir que os nenos coñecesen as distintas realidades  das nosas zonas sen trasladarse , decidimos que a mellor maneira de logralo era facendo un "Miniquest"

O miniquest que propoñemos para os nosos compañeiros de Mondoñedo é o seguinte: " COÑECEMOS BUÑO - MALPICA DE BERGANTIÑOS "

Agardamos que vos guste e que quededes con gana de visitarnos.

Pola parte que nos toca, o noso alumnado de 6º debe facer o miniquest proposto dende AS NOVAS DO MASMA ( blogue do EDLG do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo  do que se encarga Cris Fraga ) que contén toda a información salientable para coñecer Mondoñedo.

Lembrade que isto é unha actividade de lecer, unha proposta de extensión de coñecementos, polo que non debemos descoidar as actividades cotiás para facelo, facémolo unha vez rematadas as probas de avaliación, que de seguro vos sairán como desexades.

Saudiños e boa fin de semana!