mércores, 7 de outubro de 2015

PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE "XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE " NA CORUÑA!

Benvidos outro curso máis ao blogue de Dinamización da Lingua Galega " Dálle á Lingua".

Comprácenos redactar o primeiro post do blogue para comunicarvos que o mestre Javi, que traballou con nós o curso pasado como mestre de Educ. Artística presenta na Coruña o seu  novo disco o venres 16 de outubro no teatro Rosalía de Castro ás 20.30.

Deixámosvos o enlace á páxina de venda de entradas por si vos animades a acompañalo nun momento tan importante para el



Humildes e poderosos a un tempo ... Adufes e pandeiretas, perfectos aliados da copla "Gala do xardín encantado da lírica galega" como dicía Cabanillas.
O novo traballo de Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantantes de música popular preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo ...
Acompañados por Gutier Álvarez (zanfona e violino) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), un novo proxecto preparado para invadir con muiñeiras e pasodobles os teatros e festivais de calquera océano!