Amosando publicacións coa etiqueta ROSALÍA DE CASTRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROSALÍA DE CASTRO. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de abril de 2016

Sesión de animación á lectura do grupo de 5º EP - O MOUCHO ( Rosalía de Castro)

Hoxe tocoulles o turno aos rapaces e rapazas de 5º de Educ.Primaria , que preparados por D. Francisco Durán decidiron recitar " O Moucho" dos Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

Parabéns ao seu mestre e ao alumnado por facelo tan ben, e tamén a Chus e Sefa por crear un Moucho tan ben parecido.



xoves, 25 de febreiro de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Como vos adiantabamos no post de onte, hoxe celebramos un día especial na escola, o "Día de Rosalía de Castro"
Elexiuse o día 24 de febreiro por ser ese o día en que ela naceu aló polo ano 1837, se queredes saber máis sobre a súa vida, que é moi interesante, non tedes máis que ir ao link da Fundación Rosalía de Castro .

No centro decidimos que cada grupo lera unhas estrofas de obras de Rosalía á volta do recreo, aquí vos deixamos unha mostra:


Alumnado de 3 anos:

"VENTE RAPASA" ( Introdución)





Alumnado de 4 e 5 anos:

"PAXARIÑOS"






Alumnado de 1º :

"PASENIÑO"



Alumnado de 2º :

"VENTE RAPASA"







Alumnado de 3º e 4º :

"HAS DE CANTAR"







Alumnado de 5º :

"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"








Alumnado de 6º :

"NO BICO UN CANTAR"










Os nenos e nenas de Infantil ademais, encheron de cor un dos recunchos da escola cos seus retratos pintados de Rosalía:

"SOMOS ARTISTAS"





martes, 23 de febreiro de 2016

24 de febreiro - DÍA DE ROSALÍA

Mañá é o Día de Rosalía.
Hai 179 anos naceu Rosalía de Castro e na escola ímolo celebrar como merece, pero mentras tanto imos disfrutar coa voz de Uxía nesta peza do disco Rosalía pequeniña da edit. Galaxia.