Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DE. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de abril de 2016

23 de abril Día do Libro

U Que mellor imaxe que a do primeiro monumento ao libro do mundo para ilustrar un día coma hoxe .. E témolo ven cerquiña , nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña.




Esta semana, por ser o día 23 de Abril día Internacional do libro e coincidí mundo co 4º centenario do fales enebro de Miguel de Cervantes, realizamos varias actividades na Escola:
- O alumnado de 6º leu durante a hora de ler " O Quixote" en pequeños grupos ao resto do cole. APADRINAMENTO LECTOR :




- Como xa sabedes, fixemos unha pequeña mostra de libros de Cervantes





E deixamos actividades para traballar Miguel de Cervantes e O Quixote a vosa disposición na biblioteca.




Ademáis, utilizamos un modelo tipo anuncio no que o alumnado promocionou o sea libro favorito , deixando varias tiras co título do mesmo para que a quen lle interesase o levara e así non olvidalo.


E estas son as suxerencias dos máis pequenos 


O alumnado de 6º leu un manifesto, e entregáronse os obsequios aos que participaron no concurso organizado polo Día da Muller, que consistiron en exemplares de historias de Don Quixote.
Aquí tedes imaxe do lugar adicado ao mesmo.




22 de abril Día Internacional da Nai Terra - Informe das Nacións Unidas

(Imagen : Eric Carle )

O Capitán Planeta déixavos estas recomendacións para coidar da Terra:


E eu recoméndovos que leades o informe das Nacións Unidas acerca do tema:http://www.un.org/es/events/motherearthday/


Así como que vexades o seguinte video, sei que vos encantará!


O Día da Terra inspira ademáis ao doodle de Google : http://www.elperiodico.com/es/noticias/extra/dia-de-la-tierra-doodle-google-5075584 ( neste enlace tedes tamén un video publicado pola NASA)

Para xogar en dispositivos móviles, estas dúas aplicacións son interesantes, no caso de "La tierra por Tinybop" os ingresos obtidos pola compra da mesma serán destinados a proyectos de WWF de todo o mundo , polo que estaremos colaborando coa mellora da Nosa Terra.
Velaí vos deixo capturas de pantalla para que saibades cales son



Agardo que vos gusten tanto coma a nós e veña, todo o mundo a poñer da súa parte para coidar e mellorar o noso planeta!


martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Por ser hoxe o día internacional da muller, durante a hora de ler, reunímonos todos na Biblioteca e vimos uns videos relacionados co tema para sensibilizar ao alumnado.
O video que máis lles impactou foi o seguinte:

O SOÑO IMPOSIBLE



Dende a escola, agardamos que ista evolución non se quede aquí, esperamos que pouco a pouco todas as barreiras ideolóxicas desaparezan e que así as mulleres acaden na sociedade o mesmo lugar que teñen , dende hai moitísimos anos, os homes , promovendo a igualdade de xénero.

Aquí deixamos unha cantiga de Fuxan os Ventos que ten por título "Muller" como homenaxe



Muller de Fuxan os Ventos


Letra: María Docampo
Música: Xose Luis Rivas Cruz / Popular
Cantan: Fuxan os Ventos e Mercedes Peón

Ah, meu gaiteriño,
aínda me acordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e viñasme ti dicindo:
“Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
– Muller, fartura de loita,
que che hei dicir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
– Ai, muller, ¿cántas noitiñas
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
Ti es o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.
E ó voltar, que che hei dicir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fóra!
O inverno da emigración
roubounos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.