Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓN. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de abril de 2016

O Facho Olímpico empezou a súa viaxe cara Río 2016


Segundo a COE , esta semana deixou o Templo de Hera e está en marcha!!!!

23 de abril Día do Libro

U Que mellor imaxe que a do primeiro monumento ao libro do mundo para ilustrar un día coma hoxe .. E témolo ven cerquiña , nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña.




Esta semana, por ser o día 23 de Abril día Internacional do libro e coincidí mundo co 4º centenario do fales enebro de Miguel de Cervantes, realizamos varias actividades na Escola:
- O alumnado de 6º leu durante a hora de ler " O Quixote" en pequeños grupos ao resto do cole. APADRINAMENTO LECTOR :




- Como xa sabedes, fixemos unha pequeña mostra de libros de Cervantes





E deixamos actividades para traballar Miguel de Cervantes e O Quixote a vosa disposición na biblioteca.




Ademáis, utilizamos un modelo tipo anuncio no que o alumnado promocionou o sea libro favorito , deixando varias tiras co título do mesmo para que a quen lle interesase o levara e así non olvidalo.


E estas son as suxerencias dos máis pequenos 


O alumnado de 6º leu un manifesto, e entregáronse os obsequios aos que participaron no concurso organizado polo Día da Muller, que consistiron en exemplares de historias de Don Quixote.
Aquí tedes imaxe do lugar adicado ao mesmo.




martes, 19 de abril de 2016

domingo, 17 de abril de 2016

Katherine Switzer- Primeira muller que correu unha maratón

O 19 de abril de 1967 Katherine correu a maratón de Boston , sendo a primeira muller do mundo en facer tal e abrindo as portas ao restó das mulleres a facelo.
Non deixedes de ler o seguinte artigo do BBC.
Grazas Katherine!

http://www.bbc.com/mundo/noticias/2015/05/150514_deportes_pionera_maraton_kathrine_switzer_ng_finde


Preguntarédesvos que ten que ver cos deportistas galegos .... Pois está ben claro, se non é porque ela abriu o camiño ao mellor non habería mulleres correndo maratóns, entre elas as galegas.

luns, 11 de abril de 2016

11 de abril DÍA INTERNACIONAL DO REMEIRO - Mención especial "Pedro Cuesta"

Este once de abril celébrase o Día Internacional do Remeiro.
En este día conmemórase o nacemento en 1944, de Alberto Demiddi en Bos Aires (Argentina) quen foi  un campeón mundial e gañador da medalla de prata nos  Xogos Olímpicos de Múnich 1972 e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de México 1968.
Demiddi morreu en San Fernando, Argentina, o 25 de outubro do 2000.




Neste enlace atoparedes máis información sobre Demiddi https://es.m.wikipedia.org/wiki/Alberto_Demiddi
 

De seguro que disto quedaremos moi ben informados a finales deste mes, xa que contamos na escola coa visita de Pedro Cuesta , un deportista lucense que estivo competindo como piragüista nas Olimpiadas de México 1968, onde Demiddi competiu por remo. 
Grazas anticipadas por colaborar con nós !!!


Pedro Cuesta:



Pedro Cuesta Garcia from Crab Kayak on Vimeo.

A Partir do minuto 3.49 do seguinte video podedes ver as imaxenes do Denceso do Sella de 1967 gañado por Pedro Cuesta e Peruena http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-1284/1486956/.







Mirade tamén o video que aparece no seguinte enlace  http://rtve.es/v/2837754


O 16 de marzo deste ano,Pedro Cuesta acudiu á homenaxe que se fixo aos deportistas que participaron nos Xogos Olímpicos de México e Grenoble do 1968 e Munich e Sapporo  1972 na sede do COE ( Comité Olímpico Español ) saberedes máis mirando este enlace http://www.rfep.es/publicacion/noticias.asp?n=2471
    (Pedro Cuesta é o que está á dereita )

Nos seguintes enlaces obteredes información acerca de:
-Remo:
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Remo_(deporte)
-Piragüismo:
https://es.wikipedia.org/wiki/Pirag%C3%BCismo 

En nada subiremos máis cousiñas!
(Rogo desculpen os erros que poida cometer e por favor correxídime canto antes para subsanalos)


xoves, 7 de abril de 2016

Os Playmobil cumpren 40 anos! Con fotografías de Gonzálo Sánchez


Nesta reportaxe de "La Vanguardia" contannos todo o que pasou cos Playmobil en todo este tempo http://www.lavanguardia.com/cultura/20160405/40895884785/playmobil-curiosidades-anecdotas-40-anos.html

Aquí tedes un enlace onde podedes ver os libros/revistas publicadas sobre eles http://www.playmobil.es/tienda-online/productos-con-licencia/revistas%2Flibros

Ademáis se pinchades neste enlace iredes á lista de reproducción sed Playmobil en YouTube, onde poderedes ver películas cortas de animación http://www.youtube.com/playlist?list=PLERXic_G0oRcO9MpfiCtu2ZhIwbyyOKHV

Isto non é todo, si hai que tirar de amigos tírase, e meu amigo Gonzalo Sánchez ten unha serie de fotografías adicada aos Playmobil que vos encantará.
Aquí tedes un video montado con algunas delas.
Gonzalo, grazas por permitirme compartilas!




Para coñecer algunhas curiosidades sobre Playmobil mirade este video:

http://www.dailymotion.com/video/x42xcq8_curiosidades-sobre-playmobil_fun

mércores, 6 de abril de 2016

6 abril 2016 - 73 ANIVERSARIO "O PRINCIPIÑO"


Na páxina Petit Prince Collection  http://www.petit-prince-collection.com/lang/corbeau.php?lang=es descubriredes un lote de segredos acerca deste libro e do seu autor, e no seguinte enlace as dez cousas máis importantes que podemos aprender desta personaxe, http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2016/04/06/diez-ensenanzas-principito/1057516.html








Non deixedes de ler este libro, ten moito que aportar, podedes tomalo en préstamo na Biblioteca, esta semana estará en exposición.




E se por casualidade queredes facervos un gorro de estilo aviador coma o seu, aquí tedes un tutorial ben xeitoso

6 abril 2016 - 120 ANIVERSARIO DOS PRIMEIROS XOGOS OLÍMPICOS MODERNOS

Hoxe fai 120 anos dos primeiros XOGOS OLÍMPICOS modernos e o buscador de Google celébrao adicandolle este doodle, con catro motivos distintos.




Celebráronse en Grecia, no Estadio Panathinaikó e participaron 241 atletas ( todos eles homes ) de 14 países
Desde entón, cada catro anos, deportistas de todos os países reúnense para competir entre eles.
Os primeiros xogos olímpicos modernos ( video) http://www.dailymotion.com/video/x4628sp_los-primeros-juegos-olimpicos-modernos_sport

                               

No seguinte enlace, iredes á reportaxe escrita no AS , na que podedes ver varias fotografías interesantes: 
http://masdeporte.as.com/masdeporte/2016/04/06/album/1459928496_959287.html#1459928496_959287_1459932485


No ano 2012 Google obsequiounos cuns doodles cos que ademáis, podemos xogar no ordenador, aquí   podedes probar:

sábado, 2 de abril de 2016

2 de abril DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Por ser hoxe tamén o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, en Educadiver pensaron que era boa idea recomendarnos libros de contos que falan do autismo, a nós parécenos unha idea estupenda e deixamos o enlace para que tomedes nota.
http://www.educadiver.es/10-cuentos-sobre-el-autismo-2/#axzz44ew0LuNJ


2 Abril DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe celébrase en todo o mundo o día internacional do libro infantil e xuvenil, e nós queremos colaborar adxuntando unha selección de títulos que de seguro vos gustarán, sobre todo porque o enlace ven dende a páx web do Xabarín que máis alegrías nos da e nunca nos defrauda.Ademais están avalados por GÁLIX Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

           

Deixámosvos tamén enlace a unha listaxe de libros que ensinan cousas sobre a vida.
 E outra listaxe adicada aos adultos... Libros infantiles que todo adulto debería ler.
Bo fin de semana!

martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Por ser hoxe o día internacional da muller, durante a hora de ler, reunímonos todos na Biblioteca e vimos uns videos relacionados co tema para sensibilizar ao alumnado.
O video que máis lles impactou foi o seguinte:

O SOÑO IMPOSIBLE



Dende a escola, agardamos que ista evolución non se quede aquí, esperamos que pouco a pouco todas as barreiras ideolóxicas desaparezan e que así as mulleres acaden na sociedade o mesmo lugar que teñen , dende hai moitísimos anos, os homes , promovendo a igualdade de xénero.

Aquí deixamos unha cantiga de Fuxan os Ventos que ten por título "Muller" como homenaxe



Muller de Fuxan os Ventos


Letra: María Docampo
Música: Xose Luis Rivas Cruz / Popular
Cantan: Fuxan os Ventos e Mercedes Peón

Ah, meu gaiteriño,
aínda me acordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e viñasme ti dicindo:
“Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
– Muller, fartura de loita,
que che hei dicir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
– Ai, muller, ¿cántas noitiñas
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
Ti es o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.
E ó voltar, que che hei dicir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fóra!
O inverno da emigración
roubounos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.

martes, 23 de febreiro de 2016

24 de febreiro - DÍA DE ROSALÍA

Mañá é o Día de Rosalía.
Hai 179 anos naceu Rosalía de Castro e na escola ímolo celebrar como merece, pero mentras tanto imos disfrutar coa voz de Uxía nesta peza do disco Rosalía pequeniña da edit. Galaxia.