martes, 21 de xuño de 2016

Olimpiadas no Concello de Malpica

O xoves pasado tiveron lugar unhas olimpiadas nas que os deportistas eran os nenos e nenas do Concello de Malpica.
Esta actividade estivo coordinada polos mestres de Educ. Física das escolas e por Pablo , o concelleiro de deportes de Malpica. Primeiramente íanse realizar as probas no campo de fútbol de Buño , pero debido ao mal tempo, foron trasladadas ao polideportivo da escola de Malpica .
Foi un día moi intenso , onde pequenos e maiores se divertiron un montón.
Aquí tedes un pequeno collage de fotos . Grazas aos compañeiros pola foto de hoxe!


Canto conto !!!! Encantounos a representación dos nenos e nenas de 3 anos

A última sesión de animación á lectura correu a cargo dos nenos e nenas de 3 anos, que preparados estupendamente pola súa mestra , Luisa, representaron un mix de contos populares.
Fixérono estupendamente, tal que si foran artistas profesionais. Bravo por eles e elas e tamén pola súa profe.


DEPORTISTAS OLÍMPICOS GALEGOS - Sofía Toro (Peche das colaboracións)

Como remate ás colaboracións ,pon o broche final Sofía Toro ( a pesares de ser varios os deportistas que se ofreceron a colaborar, por estar preparándose para as olimpiadas ou por outros motivos de peso, non foron quen de atopar tempo para facelo , agradecémoslles enormente o feito de contestar ás nosas peticións aínda que non puidera ser )
Seguindo con Sofía Toro (vela), medalla de ouro en Londres 2012 na modalidade de Match Race , así como campeona de España, do mundo e de Europa.
Ao igual que Támara Echegoyen (compañeiras en Londres 2012) , non deixou pasar a oportunidade de agradecerlles aos nosos rapaces e rapazas o seu esforzo buscando información acerca do seu traballo como deportista galega, e neste caso, olímpica.
Moitísimas grazas pola colaboración Sofía !! desexámosche un lote de éxitos.


Ao igual que o resto dos deportistas, podedes seguila nas redes sociais e/ou Twitter @sofiatoropp e saber máis sobre ela no seguinte enlace https://gl.wikipedia.org/wiki/Sof%C3%ADa_Toro

Novamente agradezo o voso tempo e o traballo adicado á realización deste proxecto, tanto ao alumnado como aos deportistas, grazas por axudar a promover  o deporte en Galicia .


Deportistas Olímpicos Galegos- TÁMARA ECHEGOYEN

Seguindo coas colaboracións , achégovos o video de Támara Echegoyen (Vela) , medallista olímpica Match Race ,Ouro Londres 2012.
Campiona do mundo e tamén europea en varias ocasións, logo de buscar a información sobre ela o alumnado , quixo agradecérllelo deste modo, moitísimas grazas por acordarte de nós e seguir a darnos alegrías cos teus triunfos Támara Echegoyen!


Os que non sabedes sobre ela, mirade no enlace e seguidea nas redes sociais e/ou Twitter @TEchegoyen https://gl.wikipedia.org/wiki/T%C3%A1mara_Echegoyen

Deportistas Olímpicos Galegos - Pedro Cuesta

A finais do mes de abril recibimos unha visita moi especial , a de Pedro Cuesta García.
Pedro foi representante de España nas Olimpiadas de México 68 xunto con Peruena, López Espejo e Villar Varela en K-4 1.000 m ademáis de gañar innumerables competicions .
Por ter sido fai tempo, non tiñamos á nosa disposición tanta información como a que podemos  atopar en Internet dos deportistas que están a competir neste momento , pero todas as dúbida foron solucionadas por Pedro Cuesta, que ademáis de ser un gran deportista é un estupendo conversador .
Engaiolou ao alumnado co relato das súas experiencias como deportista olímpico e tamén nos transmitiu o sei coñecemento sobre o deporte e as olimpiadas na historia.
A mañá quedouse corta para o alumnado que non podía deixar de facerlle  preguntas e non quería marchar sin a súa sinatura.
O que máis ilusión lles fixo foi poder ter nas súas mans un dos fachos  olímpicos de Barcelona 92 (portado no seu día pola filla de Pedro á que  agradezo enormemente a súa colaboración , así como a do seu irmán que tamén colaborou conmigo dende o primeiro momento).
Amosounos tamén algunha mascota olímpica , unha  replica dunha medalla olímpica e embarcacións que él fixo en miniatura ( adicouse profesionalmente á fabricación de embarcacións diversas como Kayaks, piraguas...)
Foi un pracer podar contar con unha persoa tan fascinante , grazas por vir  visitarnos dende Lugo con ese sorriso e con tantas ganas de contarlles aos máis pequenos todo o que , de non ser por tí , non saberían.
Deixamos unhas fotos da visita e da reseña no diario "La Voz de Galicia"

























sábado, 21 de maio de 2016

Festival dos soños no Couto

Como ben sabedes, este venres tivo lugar no Couto o Festival dos Soños , incluído no Festiletras 2016 , e os nosos pequerrechos participaron dirixidos pola nosa mestra de Educ. Artística , María , que coordinou a actividade cos outros  centros participantes e coa Fundación Eduardo Pondal durante varios meses ao longo do curso.
Froito do traballo realizado , os pequenos fixeron unha  estupenda interpretación no festival , do que vos deixamos mostra.
Parabéns a todos os participantes e grazas aos mestres que asistiron pola achega das fotografías e o vídeo.





martes, 17 de maio de 2016

17 de maio - DIA DAS LETRAS GALEGAS "MANUEL MARÍA"

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala 

        Manuel María

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas , a festa que honra a nosa terra e a súa Lingua, e este ano, o homenaxeado é o poeta Manuel María Fernández Teixeiro , nado en Outeiro de Rei ( Lugo ) no ano 1929.
Para saber todo sobre el , non temos máis que visitar a web " CASA MUSEO MANUEL MARÍA" http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/3.htm , podería escribir infinitas liñas, pero ninguén mellor que esta Fundación para contar todo sobre Manuel María. De feito podedes seguir a súa páx. en Facebook  https://www.facebook.com/fundacion.manuel.maria/ e outras  redes sociais e manteránvos moi ben informados. 
Nós celebramos este día na escola facendo diversas actividades durante toda a semana pasada, como un cuadernillo sobre a vida e obra de Manuel María adaptado a cada curso , os menos e nenas de 6º crearon un audio-libro de "O bigote de Mimí " e logo de velo o alumnado do cole traballou sobre el ... 
Ademáis o venres realizamos o acto solemne, lendo os maiores un manifesto e recitando e cantando por grupos obras de Manuel María .









Agardamos que estedes a celebrar o día como merece . Feliz día das Letras Galegas !

sábado, 23 de abril de 2016

4º Centenario do falecemento de Shakespeare

O Reino Unido celebra con numerosos actos o cuarto centenario do falecemto de Shakespeare http://m.huffpost.com/es/entry/9765342

LEGO  celebrouno facendo unha animación : Shakespeare " A Legopelícula"

Día da Terra - EEI MONTE DA GUÍA en lingua de signos

AZ Lengua de Signos en colaboración coa EEI Monte da Guia .Vídeo de Andoni Vergara.
Encántanos !

venres, 22 de abril de 2016

O Facho Olímpico empezou a súa viaxe cara Río 2016


Segundo a COE , esta semana deixou o Templo de Hera e está en marcha!!!!

Sesión de animación á lectura do grupo de 5º EP - O MOUCHO ( Rosalía de Castro)

Hoxe tocoulles o turno aos rapaces e rapazas de 5º de Educ.Primaria , que preparados por D. Francisco Durán decidiron recitar " O Moucho" dos Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

Parabéns ao seu mestre e ao alumnado por facelo tan ben, e tamén a Chus e Sefa por crear un Moucho tan ben parecido.



23 de abril Día do Libro

U Que mellor imaxe que a do primeiro monumento ao libro do mundo para ilustrar un día coma hoxe .. E témolo ven cerquiña , nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña.




Esta semana, por ser o día 23 de Abril día Internacional do libro e coincidí mundo co 4º centenario do fales enebro de Miguel de Cervantes, realizamos varias actividades na Escola:
- O alumnado de 6º leu durante a hora de ler " O Quixote" en pequeños grupos ao resto do cole. APADRINAMENTO LECTOR :




- Como xa sabedes, fixemos unha pequeña mostra de libros de Cervantes





E deixamos actividades para traballar Miguel de Cervantes e O Quixote a vosa disposición na biblioteca.




Ademáis, utilizamos un modelo tipo anuncio no que o alumnado promocionou o sea libro favorito , deixando varias tiras co título do mesmo para que a quen lle interesase o levara e así non olvidalo.


E estas son as suxerencias dos máis pequenos 


O alumnado de 6º leu un manifesto, e entregáronse os obsequios aos que participaron no concurso organizado polo Día da Muller, que consistiron en exemplares de historias de Don Quixote.
Aquí tedes imaxe do lugar adicado ao mesmo.




María Moliner, a primera bibliotecaria

María Moliner no archivo de Simancas en 1922
http://www.abc.es/cultura/libros/abci-maria-moliner-primera-bibliotecaria-201604121300_noticia.html

22 de abril Día Internacional da Nai Terra - Informe das Nacións Unidas

(Imagen : Eric Carle )

O Capitán Planeta déixavos estas recomendacións para coidar da Terra:


E eu recoméndovos que leades o informe das Nacións Unidas acerca do tema:http://www.un.org/es/events/motherearthday/


Así como que vexades o seguinte video, sei que vos encantará!


O Día da Terra inspira ademáis ao doodle de Google : http://www.elperiodico.com/es/noticias/extra/dia-de-la-tierra-doodle-google-5075584 ( neste enlace tedes tamén un video publicado pola NASA)

Para xogar en dispositivos móviles, estas dúas aplicacións son interesantes, no caso de "La tierra por Tinybop" os ingresos obtidos pola compra da mesma serán destinados a proyectos de WWF de todo o mundo , polo que estaremos colaborando coa mellora da Nosa Terra.
Velaí vos deixo capturas de pantalla para que saibades cales son



Agardo que vos gusten tanto coma a nós e veña, todo o mundo a poñer da súa parte para coidar e mellorar o noso planeta!


mércores, 20 de abril de 2016

O QUIXOTE

O Quixote do alumnado de 4 e 5 anos 


5 curiosidades sobre a súa primeira impresión :
La imprenta de ''El Quijote'' por elhuffingtonpost

O Inxenioso Fidalgo Don Quixote da Mancha , todo sobre el en Wikipedia https://gl.m.wikipedia.org/wiki/O_enxe%C3%B1oso_fidalgo_Don_Quixote_da_Mancha

Comproba se es un experto en Cervantes facendo a proba que propón EL CONFIDENCIAL :
Quixote interactivo ( precisas Adobe Flash) http://quijote.bne.es/libro.html
Mostra en vídeo :


Dende aquí podemos escoitalo en mp3 http://www.educaragon.org/arboles/arbol.asp?guiaeducativa=41&strseccion=a1a68

Aquí temos un Quixote que non poderedes deixar den ler, unha edición de fácil lectura http://www.institutolecturafacil.org/app/download/9359917/quijote_facil_lectura.pdf

"O Quixote, máis aló do libro" por The Huffginton Post http://m.huffpost.com/es/entry/9740322

"Don Quijote de la Mancha .Romances y Músicas " de Jordi Savall . Audio Libro premiado como mejor disco de música antigua del MIDEM ( Alia Vox) http://www.musicaantigua.com/don-quijote-decia-que-donde-musica-hubiere-cosa-mala-no-existiere/



                              Cervantes e a lenda de Don Quixote ( vídeo da canle Historia)

Capítulo das tres mellizas adicado a D.Quixote:



O Quixote , película de debuxos animados 



E a parte da historia que máis vos gusta :"A aventura dos muíños"





SEMANA DO DÍA DO LIBRO - EXPOSICIÓN CONTOS EN BRAILLE

O 23 de abril será o día do libro, e aquí na escola estamos a conmemoralo de moitas formas.
Ocorréusenos que sería boa idea pedirlle á nosa colaboradora da ONCE que nos deixase en préstamo un par de contos en Braille para que o alumnado coñecese cómo len os nenos e nenas con capacidades visuales limitadas .
Emprestounos dous contos adecuados ás edades dos alumnos e alumnas da escola, que teñen por título  " A árbore máxica das palabras "(Lourdes García González) e "Pataraña" ( Glòria Fort)

Moitísimas gracias Delia ( ONCE - Delegación de A Coruña )







Se queredes informarvos máis acerca das características deste sistema de lectoescritura, os compañeiros da ONCE explícano moi ben no seguinte enlace a modo de debuxos "Luis y Braillinda te lo cuentan" ( ide pasando as diapositivas na frecha) http://www.once.es/contenidos/cursos/cursos-de-formacion-on-line/curso-de-braille/curso.htm
Sistema Braille pdf Sistema Braille pdf