martes, 21 de xuño de 2016

Olimpiadas no Concello de Malpica

O xoves pasado tiveron lugar unhas olimpiadas nas que os deportistas eran os nenos e nenas do Concello de Malpica.
Esta actividade estivo coordinada polos mestres de Educ. Física das escolas e por Pablo , o concelleiro de deportes de Malpica. Primeiramente íanse realizar as probas no campo de fútbol de Buño , pero debido ao mal tempo, foron trasladadas ao polideportivo da escola de Malpica .
Foi un día moi intenso , onde pequenos e maiores se divertiron un montón.
Aquí tedes un pequeno collage de fotos . Grazas aos compañeiros pola foto de hoxe!


Canto conto !!!! Encantounos a representación dos nenos e nenas de 3 anos

A última sesión de animación á lectura correu a cargo dos nenos e nenas de 3 anos, que preparados estupendamente pola súa mestra , Luisa, representaron un mix de contos populares.
Fixérono estupendamente, tal que si foran artistas profesionais. Bravo por eles e elas e tamén pola súa profe.


DEPORTISTAS OLÍMPICOS GALEGOS - Sofía Toro (Peche das colaboracións)

Como remate ás colaboracións ,pon o broche final Sofía Toro ( a pesares de ser varios os deportistas que se ofreceron a colaborar, por estar preparándose para as olimpiadas ou por outros motivos de peso, non foron quen de atopar tempo para facelo , agradecémoslles enormente o feito de contestar ás nosas peticións aínda que non puidera ser )
Seguindo con Sofía Toro (vela), medalla de ouro en Londres 2012 na modalidade de Match Race , así como campeona de España, do mundo e de Europa.
Ao igual que Támara Echegoyen (compañeiras en Londres 2012) , non deixou pasar a oportunidade de agradecerlles aos nosos rapaces e rapazas o seu esforzo buscando información acerca do seu traballo como deportista galega, e neste caso, olímpica.
Moitísimas grazas pola colaboración Sofía !! desexámosche un lote de éxitos.


Ao igual que o resto dos deportistas, podedes seguila nas redes sociais e/ou Twitter @sofiatoropp e saber máis sobre ela no seguinte enlace https://gl.wikipedia.org/wiki/Sof%C3%ADa_Toro

Novamente agradezo o voso tempo e o traballo adicado á realización deste proxecto, tanto ao alumnado como aos deportistas, grazas por axudar a promover  o deporte en Galicia .


Deportistas Olímpicos Galegos- TÁMARA ECHEGOYEN

Seguindo coas colaboracións , achégovos o video de Támara Echegoyen (Vela) , medallista olímpica Match Race ,Ouro Londres 2012.
Campiona do mundo e tamén europea en varias ocasións, logo de buscar a información sobre ela o alumnado , quixo agradecérllelo deste modo, moitísimas grazas por acordarte de nós e seguir a darnos alegrías cos teus triunfos Támara Echegoyen!


Os que non sabedes sobre ela, mirade no enlace e seguidea nas redes sociais e/ou Twitter @TEchegoyen https://gl.wikipedia.org/wiki/T%C3%A1mara_Echegoyen

Deportistas Olímpicos Galegos - Pedro Cuesta

A finais do mes de abril recibimos unha visita moi especial , a de Pedro Cuesta García.
Pedro foi representante de España nas Olimpiadas de México 68 xunto con Peruena, López Espejo e Villar Varela en K-4 1.000 m ademáis de gañar innumerables competicions .
Por ter sido fai tempo, non tiñamos á nosa disposición tanta información como a que podemos  atopar en Internet dos deportistas que están a competir neste momento , pero todas as dúbida foron solucionadas por Pedro Cuesta, que ademáis de ser un gran deportista é un estupendo conversador .
Engaiolou ao alumnado co relato das súas experiencias como deportista olímpico e tamén nos transmitiu o sei coñecemento sobre o deporte e as olimpiadas na historia.
A mañá quedouse corta para o alumnado que non podía deixar de facerlle  preguntas e non quería marchar sin a súa sinatura.
O que máis ilusión lles fixo foi poder ter nas súas mans un dos fachos  olímpicos de Barcelona 92 (portado no seu día pola filla de Pedro á que  agradezo enormemente a súa colaboración , así como a do seu irmán que tamén colaborou conmigo dende o primeiro momento).
Amosounos tamén algunha mascota olímpica , unha  replica dunha medalla olímpica e embarcacións que él fixo en miniatura ( adicouse profesionalmente á fabricación de embarcacións diversas como Kayaks, piraguas...)
Foi un pracer podar contar con unha persoa tan fascinante , grazas por vir  visitarnos dende Lugo con ese sorriso e con tantas ganas de contarlles aos máis pequenos todo o que , de non ser por tí , non saberían.
Deixamos unhas fotos da visita e da reseña no diario "La Voz de Galicia"