Como vos adiantabamos no post de onte, hoxe celebramos un día especial na escola, o "Día de Rosalía de Castro"
Elexiuse o día 24 de febreiro por ser ese o día en que ela naceu aló polo ano 1837, se queredes saber máis sobre a súa vida, que é moi interesante, non tedes máis que ir ao link da
Fundación Rosalía de Castro .
No centro decidimos que cada grupo lera unhas estrofas de obras de Rosalía á volta do recreo, aquí vos deixamos unha mostra:
Alumnado de 3 anos:
"VENTE RAPASA" ( Introdución)
Alumnado de 4 e 5 anos:
"PAXARIÑOS"
Alumnado de 2º :
"VENTE RAPASA"
Alumnado de 3º e 4º :
"HAS DE CANTAR"
Alumnado de 5º :
"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"
Alumnado de 6º :
"NO BICO UN CANTAR"
Os nenos e nenas de Infantil ademais, encheron de cor un dos recunchos da escola cos seus retratos pintados de Rosalía:
|
"SOMOS ARTISTAS" |