Aquí imos facer unha parada para adicarlle unha pequena homenaxe a un dos galardonados como deportista revelación , ao arqueiro Miguel Alvariño do que os nosos alumnos/as fixeron un traballo.
Segue a loitar campeón !
Este ano, o proxecto elaborado polo equipo de biblioteca para o PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares ) xira ao redor das Olimpiadas.
Por iso dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega pensamos que a mellor forma de colaborar co proxecto do PLAMBE era facendo un traballo de investigación acerca de deportistas galegos e a súa relación coas olimpiadas.
Aquí vos deixamos a mostra do que foron atopando os nenos de 4º,5º e 6º de EP e de cómo colaboraron con nós os deportistas ! (Grazas pola axuda, sabemos que estades apuradísimos)