Amosando publicacións coa etiqueta REMO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta REMO. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de abril de 2016

11 de abril DÍA INTERNACIONAL DO REMEIRO - Mención especial "Pedro Cuesta"

Este once de abril celébrase o Día Internacional do Remeiro.
En este día conmemórase o nacemento en 1944, de Alberto Demiddi en Bos Aires (Argentina) quen foi  un campeón mundial e gañador da medalla de prata nos  Xogos Olímpicos de Múnich 1972 e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de México 1968.
Demiddi morreu en San Fernando, Argentina, o 25 de outubro do 2000.




Neste enlace atoparedes máis información sobre Demiddi https://es.m.wikipedia.org/wiki/Alberto_Demiddi
 

De seguro que disto quedaremos moi ben informados a finales deste mes, xa que contamos na escola coa visita de Pedro Cuesta , un deportista lucense que estivo competindo como piragüista nas Olimpiadas de México 1968, onde Demiddi competiu por remo. 
Grazas anticipadas por colaborar con nós !!!


Pedro Cuesta:



Pedro Cuesta Garcia from Crab Kayak on Vimeo.

A Partir do minuto 3.49 do seguinte video podedes ver as imaxenes do Denceso do Sella de 1967 gañado por Pedro Cuesta e Peruena http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-1284/1486956/.







Mirade tamén o video que aparece no seguinte enlace  http://rtve.es/v/2837754


O 16 de marzo deste ano,Pedro Cuesta acudiu á homenaxe que se fixo aos deportistas que participaron nos Xogos Olímpicos de México e Grenoble do 1968 e Munich e Sapporo  1972 na sede do COE ( Comité Olímpico Español ) saberedes máis mirando este enlace http://www.rfep.es/publicacion/noticias.asp?n=2471
    (Pedro Cuesta é o que está á dereita )

Nos seguintes enlaces obteredes información acerca de:
-Remo:
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Remo_(deporte)
-Piragüismo:
https://es.wikipedia.org/wiki/Pirag%C3%BCismo 

En nada subiremos máis cousiñas!
(Rogo desculpen os erros que poida cometer e por favor correxídime canto antes para subsanalos)


martes, 8 de marzo de 2016

OLIMPIADAS E DEPORTISTAS GALEGOS

Este ano, o proxecto elaborado polo equipo de biblioteca para o PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares ) xira ao redor das Olimpiadas.
Por iso dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega pensamos que a mellor forma de colaborar co proxecto do PLAMBE era facendo un traballo de investigación acerca de deportistas galegos e a súa relación coas olimpiadas.

Aquí vos deixamos a mostra do que foron atopando os nenos de 4º,5º e 6º de EP e de cómo colaboraron con nós os deportistas ! (Grazas pola axuda, sabemos que estades apuradísimos)



  1.  Primeiro de todo, falaremos de Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Pentatleta)








                







2- Miguel Alvariño (Tiro con Arco ) Deportista galego revelación 2015

Se queredes saber máis mirade este post adicado en exclusiva a el http://dallelingua.blogspot.com.es/2016/04/adrian-ben-nombrado-deportista.html