Amosando publicacións coa etiqueta COLABORACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COLABORACIÓNS. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de xuño de 2016

DEPORTISTAS OLÍMPICOS GALEGOS - Sofía Toro (Peche das colaboracións)

Como remate ás colaboracións ,pon o broche final Sofía Toro ( a pesares de ser varios os deportistas que se ofreceron a colaborar, por estar preparándose para as olimpiadas ou por outros motivos de peso, non foron quen de atopar tempo para facelo , agradecémoslles enormente o feito de contestar ás nosas peticións aínda que non puidera ser )
Seguindo con Sofía Toro (vela), medalla de ouro en Londres 2012 na modalidade de Match Race , así como campeona de España, do mundo e de Europa.
Ao igual que Támara Echegoyen (compañeiras en Londres 2012) , non deixou pasar a oportunidade de agradecerlles aos nosos rapaces e rapazas o seu esforzo buscando información acerca do seu traballo como deportista galega, e neste caso, olímpica.
Moitísimas grazas pola colaboración Sofía !! desexámosche un lote de éxitos.


Ao igual que o resto dos deportistas, podedes seguila nas redes sociais e/ou Twitter @sofiatoropp e saber máis sobre ela no seguinte enlace https://gl.wikipedia.org/wiki/Sof%C3%ADa_Toro

Novamente agradezo o voso tempo e o traballo adicado á realización deste proxecto, tanto ao alumnado como aos deportistas, grazas por axudar a promover  o deporte en Galicia .


Deportistas Olímpicos Galegos- TÁMARA ECHEGOYEN

Seguindo coas colaboracións , achégovos o video de Támara Echegoyen (Vela) , medallista olímpica Match Race ,Ouro Londres 2012.
Campiona do mundo e tamén europea en varias ocasións, logo de buscar a información sobre ela o alumnado , quixo agradecérllelo deste modo, moitísimas grazas por acordarte de nós e seguir a darnos alegrías cos teus triunfos Támara Echegoyen!


Os que non sabedes sobre ela, mirade no enlace e seguidea nas redes sociais e/ou Twitter @TEchegoyen https://gl.wikipedia.org/wiki/T%C3%A1mara_Echegoyen

Deportistas Olímpicos Galegos - Pedro Cuesta

A finais do mes de abril recibimos unha visita moi especial , a de Pedro Cuesta García.
Pedro foi representante de España nas Olimpiadas de México 68 xunto con Peruena, López Espejo e Villar Varela en K-4 1.000 m ademáis de gañar innumerables competicions .
Por ter sido fai tempo, non tiñamos á nosa disposición tanta información como a que podemos  atopar en Internet dos deportistas que están a competir neste momento , pero todas as dúbida foron solucionadas por Pedro Cuesta, que ademáis de ser un gran deportista é un estupendo conversador .
Engaiolou ao alumnado co relato das súas experiencias como deportista olímpico e tamén nos transmitiu o sei coñecemento sobre o deporte e as olimpiadas na historia.
A mañá quedouse corta para o alumnado que non podía deixar de facerlle  preguntas e non quería marchar sin a súa sinatura.
O que máis ilusión lles fixo foi poder ter nas súas mans un dos fachos  olímpicos de Barcelona 92 (portado no seu día pola filla de Pedro á que  agradezo enormemente a súa colaboración , así como a do seu irmán que tamén colaborou conmigo dende o primeiro momento).
Amosounos tamén algunha mascota olímpica , unha  replica dunha medalla olímpica e embarcacións que él fixo en miniatura ( adicouse profesionalmente á fabricación de embarcacións diversas como Kayaks, piraguas...)
Foi un pracer podar contar con unha persoa tan fascinante , grazas por vir  visitarnos dende Lugo con ese sorriso e con tantas ganas de contarlles aos máis pequenos todo o que , de non ser por tí , non saberían.
Deixamos unhas fotos da visita e da reseña no diario "La Voz de Galicia"

























venres, 22 de abril de 2016

Sesión de animación á lectura do grupo de 5º EP - O MOUCHO ( Rosalía de Castro)

Hoxe tocoulles o turno aos rapaces e rapazas de 5º de Educ.Primaria , que preparados por D. Francisco Durán decidiron recitar " O Moucho" dos Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

Parabéns ao seu mestre e ao alumnado por facelo tan ben, e tamén a Chus e Sefa por crear un Moucho tan ben parecido.



mércores, 20 de abril de 2016

SEMANA DO DÍA DO LIBRO - EXPOSICIÓN CONTOS EN BRAILLE

O 23 de abril será o día do libro, e aquí na escola estamos a conmemoralo de moitas formas.
Ocorréusenos que sería boa idea pedirlle á nosa colaboradora da ONCE que nos deixase en préstamo un par de contos en Braille para que o alumnado coñecese cómo len os nenos e nenas con capacidades visuales limitadas .
Emprestounos dous contos adecuados ás edades dos alumnos e alumnas da escola, que teñen por título  " A árbore máxica das palabras "(Lourdes García González) e "Pataraña" ( Glòria Fort)

Moitísimas gracias Delia ( ONCE - Delegación de A Coruña )







Se queredes informarvos máis acerca das características deste sistema de lectoescritura, os compañeiros da ONCE explícano moi ben no seguinte enlace a modo de debuxos "Luis y Braillinda te lo cuentan" ( ide pasando as diapositivas na frecha) http://www.once.es/contenidos/cursos/cursos-de-formacion-on-line/curso-de-braille/curso.htm
Sistema Braille pdf Sistema Braille pdf

luns, 11 de abril de 2016

11 de abril DÍA INTERNACIONAL DO REMEIRO - Mención especial "Pedro Cuesta"

Este once de abril celébrase o Día Internacional do Remeiro.
En este día conmemórase o nacemento en 1944, de Alberto Demiddi en Bos Aires (Argentina) quen foi  un campeón mundial e gañador da medalla de prata nos  Xogos Olímpicos de Múnich 1972 e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de México 1968.
Demiddi morreu en San Fernando, Argentina, o 25 de outubro do 2000.




Neste enlace atoparedes máis información sobre Demiddi https://es.m.wikipedia.org/wiki/Alberto_Demiddi
 

De seguro que disto quedaremos moi ben informados a finales deste mes, xa que contamos na escola coa visita de Pedro Cuesta , un deportista lucense que estivo competindo como piragüista nas Olimpiadas de México 1968, onde Demiddi competiu por remo. 
Grazas anticipadas por colaborar con nós !!!


Pedro Cuesta:



Pedro Cuesta Garcia from Crab Kayak on Vimeo.

A Partir do minuto 3.49 do seguinte video podedes ver as imaxenes do Denceso do Sella de 1967 gañado por Pedro Cuesta e Peruena http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-1284/1486956/.







Mirade tamén o video que aparece no seguinte enlace  http://rtve.es/v/2837754


O 16 de marzo deste ano,Pedro Cuesta acudiu á homenaxe que se fixo aos deportistas que participaron nos Xogos Olímpicos de México e Grenoble do 1968 e Munich e Sapporo  1972 na sede do COE ( Comité Olímpico Español ) saberedes máis mirando este enlace http://www.rfep.es/publicacion/noticias.asp?n=2471
    (Pedro Cuesta é o que está á dereita )

Nos seguintes enlaces obteredes información acerca de:
-Remo:
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Remo_(deporte)
-Piragüismo:
https://es.wikipedia.org/wiki/Pirag%C3%BCismo 

En nada subiremos máis cousiñas!
(Rogo desculpen os erros que poida cometer e por favor correxídime canto antes para subsanalos)


xoves, 7 de abril de 2016

Os Playmobil cumpren 40 anos! Con fotografías de Gonzálo Sánchez


Nesta reportaxe de "La Vanguardia" contannos todo o que pasou cos Playmobil en todo este tempo http://www.lavanguardia.com/cultura/20160405/40895884785/playmobil-curiosidades-anecdotas-40-anos.html

Aquí tedes un enlace onde podedes ver os libros/revistas publicadas sobre eles http://www.playmobil.es/tienda-online/productos-con-licencia/revistas%2Flibros

Ademáis se pinchades neste enlace iredes á lista de reproducción sed Playmobil en YouTube, onde poderedes ver películas cortas de animación http://www.youtube.com/playlist?list=PLERXic_G0oRcO9MpfiCtu2ZhIwbyyOKHV

Isto non é todo, si hai que tirar de amigos tírase, e meu amigo Gonzalo Sánchez ten unha serie de fotografías adicada aos Playmobil que vos encantará.
Aquí tedes un video montado con algunas delas.
Gonzalo, grazas por permitirme compartilas!




Para coñecer algunhas curiosidades sobre Playmobil mirade este video:

http://www.dailymotion.com/video/x42xcq8_curiosidades-sobre-playmobil_fun