Amosando publicacións coa etiqueta GALEGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GALEGO. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de xuño de 2016

DEPORTISTAS OLÍMPICOS GALEGOS - Sofía Toro (Peche das colaboracións)

Como remate ás colaboracións ,pon o broche final Sofía Toro ( a pesares de ser varios os deportistas que se ofreceron a colaborar, por estar preparándose para as olimpiadas ou por outros motivos de peso, non foron quen de atopar tempo para facelo , agradecémoslles enormente o feito de contestar ás nosas peticións aínda que non puidera ser )
Seguindo con Sofía Toro (vela), medalla de ouro en Londres 2012 na modalidade de Match Race , así como campeona de España, do mundo e de Europa.
Ao igual que Támara Echegoyen (compañeiras en Londres 2012) , non deixou pasar a oportunidade de agradecerlles aos nosos rapaces e rapazas o seu esforzo buscando información acerca do seu traballo como deportista galega, e neste caso, olímpica.
Moitísimas grazas pola colaboración Sofía !! desexámosche un lote de éxitos.


Ao igual que o resto dos deportistas, podedes seguila nas redes sociais e/ou Twitter @sofiatoropp e saber máis sobre ela no seguinte enlace https://gl.wikipedia.org/wiki/Sof%C3%ADa_Toro

Novamente agradezo o voso tempo e o traballo adicado á realización deste proxecto, tanto ao alumnado como aos deportistas, grazas por axudar a promover  o deporte en Galicia .


venres, 22 de abril de 2016

Sesión de animación á lectura do grupo de 5º EP - O MOUCHO ( Rosalía de Castro)

Hoxe tocoulles o turno aos rapaces e rapazas de 5º de Educ.Primaria , que preparados por D. Francisco Durán decidiron recitar " O Moucho" dos Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

Parabéns ao seu mestre e ao alumnado por facelo tan ben, e tamén a Chus e Sefa por crear un Moucho tan ben parecido.



xoves, 7 de abril de 2016

Os Playmobil cumpren 40 anos! Con fotografías de Gonzálo Sánchez


Nesta reportaxe de "La Vanguardia" contannos todo o que pasou cos Playmobil en todo este tempo http://www.lavanguardia.com/cultura/20160405/40895884785/playmobil-curiosidades-anecdotas-40-anos.html

Aquí tedes un enlace onde podedes ver os libros/revistas publicadas sobre eles http://www.playmobil.es/tienda-online/productos-con-licencia/revistas%2Flibros

Ademáis se pinchades neste enlace iredes á lista de reproducción sed Playmobil en YouTube, onde poderedes ver películas cortas de animación http://www.youtube.com/playlist?list=PLERXic_G0oRcO9MpfiCtu2ZhIwbyyOKHV

Isto non é todo, si hai que tirar de amigos tírase, e meu amigo Gonzalo Sánchez ten unha serie de fotografías adicada aos Playmobil que vos encantará.
Aquí tedes un video montado con algunas delas.
Gonzalo, grazas por permitirme compartilas!




Para coñecer algunhas curiosidades sobre Playmobil mirade este video:

http://www.dailymotion.com/video/x42xcq8_curiosidades-sobre-playmobil_fun

martes, 23 de febreiro de 2016

24 de febreiro - DÍA DE ROSALÍA

Mañá é o Día de Rosalía.
Hai 179 anos naceu Rosalía de Castro e na escola ímolo celebrar como merece, pero mentras tanto imos disfrutar coa voz de Uxía nesta peza do disco Rosalía pequeniña da edit. Galaxia.