Como ben sabedes, este venres tivo lugar no Couto o Festival dos Soños , incluído no Festiletras 2016 , e os nosos pequerrechos participaron dirixidos pola nosa mestra de Educ. Artística , María , que coordinou a actividade cos outros centros participantes e coa Fundación Eduardo Pondal durante varios meses ao longo do curso.
Froito do traballo realizado , os pequenos fixeron unha estupenda interpretación no festival , do que vos deixamos mostra.
Parabéns a todos os participantes e grazas aos mestres que asistiron pola achega das fotografías e o vídeo.