Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala
Manuel María
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas , a festa que honra a nosa terra e a súa Lingua, e este ano, o homenaxeado é o poeta Manuel María Fernández Teixeiro , nado en Outeiro de Rei ( Lugo ) no ano 1929.
Nós celebramos este día na escola facendo diversas actividades durante toda a semana pasada, como un cuadernillo sobre a vida e obra de Manuel María adaptado a cada curso , os menos e nenas de 6º crearon un audio-libro de "O bigote de Mimí " e logo de velo o alumnado do cole traballou sobre el ...
Ademáis o venres realizamos o acto solemne, lendo os maiores un manifesto e recitando e cantando por grupos obras de Manuel María .
Agardamos que estedes a celebrar o día como merece . Feliz día das Letras Galegas !