mércores, 6 de abril de 2016

EXHIBICIÓN DEPORTIVA DO ALUMNADO DE 6º ( ACTUALIZADO CON VIDEOS)

Lembrades o post no que falabamos da exhibición deportiva do alumnado de 6º , xusto antes de marchar de vacacións? 
Pois xa temos os videos na páx da escola!

Aquí os podedes ver:


6 abril 2016 - 120 ANIVERSARIO DOS PRIMEIROS XOGOS OLÍMPICOS MODERNOS

Hoxe fai 120 anos dos primeiros XOGOS OLÍMPICOS modernos e o buscador de Google celébrao adicandolle este doodle, con catro motivos distintos.




Celebráronse en Grecia, no Estadio Panathinaikó e participaron 241 atletas ( todos eles homes ) de 14 países
Desde entón, cada catro anos, deportistas de todos os países reúnense para competir entre eles.
Os primeiros xogos olímpicos modernos ( video) http://www.dailymotion.com/video/x4628sp_los-primeros-juegos-olimpicos-modernos_sport

                               

No seguinte enlace, iredes á reportaxe escrita no AS , na que podedes ver varias fotografías interesantes: 
http://masdeporte.as.com/masdeporte/2016/04/06/album/1459928496_959287.html#1459928496_959287_1459932485


No ano 2012 Google obsequiounos cuns doodles cos que ademáis, podemos xogar no ordenador, aquí   podedes probar:

sábado, 2 de abril de 2016

2 de abril DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Por ser hoxe tamén o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, en Educadiver pensaron que era boa idea recomendarnos libros de contos que falan do autismo, a nós parécenos unha idea estupenda e deixamos o enlace para que tomedes nota.
http://www.educadiver.es/10-cuentos-sobre-el-autismo-2/#axzz44ew0LuNJ


2 Abril DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe celébrase en todo o mundo o día internacional do libro infantil e xuvenil, e nós queremos colaborar adxuntando unha selección de títulos que de seguro vos gustarán, sobre todo porque o enlace ven dende a páx web do Xabarín que máis alegrías nos da e nunca nos defrauda.Ademais están avalados por GÁLIX Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

           

Deixámosvos tamén enlace a unha listaxe de libros que ensinan cousas sobre a vida.
 E outra listaxe adicada aos adultos... Libros infantiles que todo adulto debería ler.
Bo fin de semana!

luns, 28 de marzo de 2016

Ángela Ruiz Robles - Creadora da enciclopedia mecánica e precursora do ebook

Se hoxe abrides o buscador "Google " atoparedes esta imaxe




Hoxe adícanlle o doodle a Ángela Ruiz Robles, mestra ferrolá que patentou a enciclopedia mecánica .
Para saber máis podedes ver este vídeo  de rtve e ademáis tedes moi fácil ver o libro do que falamos, xa que está exposto aquí en Galicia, no MUNCYT da Coruña.






venres, 18 de marzo de 2016

EXHIBICIÓN DEPORTIVA DO ALUMNADO DE 6º DE EP

Este ano seguimos traballando sobre o deporte e quen mellor que o mestre de Educ. Física para ensinarlles aos nenos e nenas cómo practicalo do modo axeitado?
Hoxe , despois dunha gran preparación e esforzo pola súa parte, o alumnado de 6 , titorizado por Pablo, obsequiounos cunha exhibición ximnástica espectacular.
En breve amosarémosvos algo, pero teredes que esperar a que organicemos os videos e as fotos, que non teñen desperdicio.
Parabéns aos protagonistas e ao mestre !

Sesión de Animación á Lectura do grupo de 2º de EP "INDICACIÓNS PARA APRENDER A DEBUXAR"

Este xoves 17, tocoulle o turno de preparar a sesión de animación á lectura aos nenos e nenas da clase de Sefa , de 2º de Educ. Primaria.
Fixérono xenial, elexiron contarnos como debuxar seguindo unhas pautas sinxelas.
De seguro que vos ven estupendamente , así que non deixedes de ver os videos.


Aprende a debuxar un neno

Agora a prende a debuxar tres avionetas

Por último , aprende a debuxar ....sorpresa! tes que velo!

Gustouvos verdade? Pois seguide os nosos blogues se non queredes perdervos nadiña!