Durante un par de anos tiven a sorte de formar parte do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora como mestra e como nai de alumna , e foi unha experiencia realmente gratificante , tanto que aínda estamos en contacto e decidimos elaborar xuntos un proxecto de Dinamización Lingüística.
Este proxecto consiste nun intercambio sociolingüístico e cultural para que os nosos alumnos/as coñezan as características que nos diferencian pola zona onde nos atopamos cada un, e por suposto , outros pobos galegos
CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA
Tras falar de cómo conseguir que os nenos coñecesen as distintas realidades das nosas zonas sen trasladarse , decidimos que a mellor maneira de logralo era facendo un "Miniquest"
O miniquest que propoñemos para os nosos compañeiros de Mondoñedo é o seguinte: " COÑECEMOS BUÑO - MALPICA DE BERGANTIÑOS "
Agardamos que vos guste e que quededes con gana de visitarnos.
Pola parte que nos toca, o noso alumnado de 6º debe facer o miniquest proposto dende AS NOVAS DO MASMA ( blogue do EDLG do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo do que se encarga Cris Fraga ) que contén toda a información salientable para coñecer Mondoñedo.
Lembrade que isto é unha actividade de lecer, unha proposta de extensión de coñecementos, polo que non debemos descoidar as actividades cotiás para facelo, facémolo unha vez rematadas as probas de avaliación, que de seguro vos sairán como desexades.
Lembrade que isto é unha actividade de lecer, unha proposta de extensión de coñecementos, polo que non debemos descoidar as actividades cotiás para facelo, facémolo unha vez rematadas as probas de avaliación, que de seguro vos sairán como desexades.
Saudiños e boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario