Como ben sabedes, este domingo 14, conmemorouse o " Día do Amor e a Amizade".
No centro ocurríusenos deixar un recuncho para que os nenos e as nenas deixasen escritas unhas palabras agarimosas ás persoas que máis admiran escritas nun corazón.
Acompañaron a estas frases exemplos de obras escritas por escritores galegos, das que vos deixamos a mostra.
Dúas alumnas de 5º prestáronse voluntarias para traer obras de Rosalía de Castro por estar preto a conmemoración do seu nacemento ( 24 de febreiro )
Andea Pereira. Grazas pola aportación! |
María Mira. Grazas pola aportación! |
Feliz día do amor e da amizade a todos e todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario