Por ser hoxe o día internacional da muller, durante a hora de ler, reunímonos todos na Biblioteca e vimos uns videos relacionados co tema para sensibilizar ao alumnado.
O video que máis lles impactou foi o seguinte:
O SOÑO IMPOSIBLE
Dende a escola, agardamos que ista evolución non se quede aquí, esperamos que pouco a pouco todas as barreiras ideolóxicas desaparezan e que así as mulleres acaden na sociedade o mesmo lugar que teñen , dende hai moitísimos anos, os homes , promovendo a igualdade de xénero.
Aquí deixamos unha cantiga de Fuxan os Ventos que ten por título "Muller" como homenaxe
Muller de Fuxan os Ventos
Letra: María Docampo
Música: Xose Luis Rivas Cruz / Popular
Cantan: Fuxan os Ventos e Mercedes Peón
Ah, meu gaiteriño,
aínda me acordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e viñasme ti dicindo:
aínda me acordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e viñasme ti dicindo:
“Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
– Muller, fartura de loita,
que che hei dicir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
que che hei dicir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
– Ai, muller, ¿cántas noitiñas
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
Ti es o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.
E ó voltar, que che hei dicir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fóra!
O inverno da emigración
roubounos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fóra!
O inverno da emigración
roubounos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.
Bo día da muller!
Ningún comentario:
Publicar un comentario