mércores, 20 de maio de 2015

ENTREGA DA CHAPA Á REPORTEIRA DO MES. Clara G.

Un tempo atrás, colocouse nunha das paredes da escola, a modo de mural,unha foto enmarcada, o nome da persoa do retrato e un bocadillo solicitando a busca de información.
Esto foi o  que o alumnado estivo a ver durante máis dun mes....


Como podedes observar, a persoa sobre a que queriamos que os rapaces e rapazas investigasen era nen máis nen menos que o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Clara , unha das nosas alumnas de 5º curso púxose mans á obra e nin corta nin perezosa nos obsequiou cun fantástico documento que aportou valiosa información para este blogue no que , xa vedes, todos participamos.

Pola súa colaboración desinteresada, dende o EDLG da escola nomeamola "REPORTEIRA DO MES" facendolle entrega da chapa exclusiva para colaboradores.
Ela respondeunos con este enorme sorriso que vedes .


 Grazas Clara!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario