Galego, o noso futuro
O galego é garantía de futuro, ten pasado e presente.
É a máis grande obra colectiva do noso pobo.
O galego, non desaparecerá mentres non deixemos de usalo, mentres nós reivindiquemos a súa normalidade e actuemos no noso día a día para revitalizalo.
Usámolo os 365 días do ano, os sete días da semana e as 24 horas do día, non só o 17 de maio.
Insistimos no uso da Lingua porque é a nosa, a de todos e todas as galegas, e queremos que viva e vivir nela, porque é a existencia de Galiza e porque existir é a nosa maior necesidade.
Hai unanimidade en que os datos estatísticos sobre o uso do galego na xente máis nova supoñen un grave problema, pero entre todos, con pouco que fagamos o podemos resolver.
Temos que defender a Lingua non só porque é nosa obriga mais tamén porque é o principal factor de cohesión social e de unidade, e porque ningún pobo pode progresar de costas ao seu idioma.
A garantía de futuro do noso país é o galego.
Queremos galego, e activámonos como sociedade para telo e repolo nas rúas, nas escolas, nos parques, nos centros de traballo, nos medios de comunicación, na música, na literatura, na saúde, na xustiza e na administración.
Queremos galego e precisamos pasos adiante, por iso hoxe estamos aquí para dicir ben alto: Queremos Galego, Queremos Galiza con futuro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario