martes, 19 de maio de 2015

RESUMO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Coma todos os anos nestas datas, reunímonos para festexar o Día das Letras Galegas , unha homenaxe non só á nosa Lingua , tamén aos que temos a sorte de utilizala, a todo un pobo , coas nosas peculiaridades.
Tras profundar na vida e obra do homenaxeado, D. Xosé Fernando Filgueira Valverde durante toda a semana, decidimos culminar a nosa celebración cunha festa na que o baile e  a música galega interpretadas polo noso alumnado foron os protagonistas.
  • En primeiro lugar,os nenos e nenas de 6º curso leron o Manifesto a prol do Galego.

  • O alumnado de Educ. Infantil interpretou a cantiga "Eu teño alguén"

  • Posteriormente, os nenos e nenas de 1º,2º,3º e 4º de Educ. Primaria metéronnos a fame no corpo cantando a canción " Quérote máis"

  • Os máis grandes da escola , 5º e 6º amosáronnos a importancia que ten para eles ser galegos e galegas , cantando ben forte na nosa Lingua  "Meu o mundo é"



  • Como broche final, Hugo e máis Alex de 6º curso interpretaron coas súas gaitas a " Marcha do Antigo Reino de Galiza"

Rematamos a celebración bailando e cantando no patio.
Aquí vos queda unha mostra do ben que o pasamos.
A música que escoitades neste último video é de PABLO SEOANE GRUPO 
    


Como dixemos o venres, grazas a toda a Comunidade Educativa pola colaboración e especialmente aos nenos e nenas por o entusiasmo que poñen en todo o que fan.