Si ademáis queredes traballar dende a casa, propóñovos que utilicedes os recursos que deixo a continuación, xa adecuados a cada nivel escolar:
- EDUCACIÓN INFANTIL:
- EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º e 2º Curso
- 3º e 4º Curso
- 5º e 6º Curso
Todas estas actividades, así coma o video que aparece baixo estas liñas foi preparado polo Seminario Galán
O EDLG do CEIP A Ponte de Lugo proponnos un itinerario lúdico e entretido pola vida e a obra de Filgueira Valverde xogando o seu "Pasa-Palabra do día das Letras Galegas"
E xa por último preséntovos un adianto do que pasará este venres na celebración do Día das Letras Galegas no cole.
A asociación "Raigañas" de Cerqueda preparou unha actuación co seu grupo de nenas e nenos da nosa escola que asisten ás clases de Mar Suárez ( Verónica de 4º e Sara, Ana, Carla,e Mº García de Educ. Infantil ) e non só iso, ademais empréstalles os traxes para a exhibición .
Bailarán unha Muiñeira acompañados por música interpretada polos alumnos e alumnas de 6º:
- Ás panderetas: Claudia, Tatiana, Silvia, Rocío, Andrea, Yerai e Lorena
- No bombo: Carmen María
- Coas gaitas: Alex e Hugo
Moitísimas grazas a Mar e a Asociación Raigañas pola colaboración!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario